Unha sauna finlandesa na túa casa da Coruña? Nós dicimos si
Se dispós dun espazo ao exterior ou no interior da túa vivenda e desexas integrar no teu estilo de vida os beneficios medicinais das saunas de leña, nós podemos axudarte coa nosa experiencia de máis de 20 anos en construción de casas de madeira e saunas finlandesas, de leña e de madeira. Construímos seguindo o "saber facer" das culturas nórdicas no referente á súa ampla experiencia na tradición da sauna.
Dispoñemos de deseños propios, aínda que tamén nos adaptamos ao deseño que nos propoñas, garantindo sempre a mellor calidade de execución e resultado. As nosas saunas destacan por contar con illamentos adecuados e madeiras ao natural para interiores e bancos, estufas de leña preparadas para a contorna, pedras candentes para vaporizar a auga con aromas naturais e polo uso de madeira ou briquetas, o mellor combustible natural.