Pequenas construcións en madeira
A cabana é o tipo de construción máis estendido dentro da construción en madeira, aínda que cada vez son máis as construcións de vivenda e edificios construídos a partir da madeira.
En Europa existe unha longa tradición da construción de pequenos “espazos-refuxio” nos que a madeira sempre está presente. A cabana de Thoreau nos bosques de Massachusett, a de Virginia Woolf na campiña inglesa, a de Heidegger na Selva Negra alemá son exemplos como tantos outros. Estes espazos poden estar no xardín da casa, na montaña ou no campo; pero sempre son espazos que reflicten unha personalidade especial.
A técnica de construción que máis empregamos é a de entramado lixeiro cunha cámara de illamento de 5 ou de 10 cm. Pode levar ou non fachada ventilada. A construción sempre vai un pouco elevada sobre o chan. Non necesita cementación de formigón, pódese resolver con zapatas de travesas de madeira tratadas en autoclave instaladas sobre unha pequena gabia de grava.
Unha cabana pode ter desde un mínimo de 12 m² ata un máximo de 40 m², dependendo do seu destino. Fixemos cabanas destinadas a estudo de gravación, salón de pintura, recinto para o xogo dos nenos, biblioteca, refuxio para o uso vacacional e mesmo para vivir todo o ano.