Entramado lixeiro
Recomendamos sempre a técnica construtiva do entramado lixeiro con madeira de piñeiro do país ou piñeiro vermello, con tres cámaras de illamento (unha cámara central de 10 cm, unha exterior de 3 cm en fachada ventilada e unha cámara interior de 3 cm para instalacións eléctricas), de forma que o espesor das paredes exteriores pode ir desde 13,5 cm ata 23,5 cm.