Cabanas e casas de madeira en Abegondo (A Coruña)

Cabanas e casas de madeira en Abegondo (A Coruña)

Pequenas construcións en madeira

A cabana é o tipo de construción máis estendido dentro da construción en madeira, aínda que cada vez son máis as construcións de vivenda e edificios construídos a partir da madeira.

En Europa existe unha longa tradición da construción de pequenos “espazos-refuxio” nos que a madeira sempre está presente. A cabana de Thoreau nos bosques de Massachusett, a de Virginia Woolf na campiña inglesa, a de Heidegger na Selva Negra alemá son exemplos como tantos outros. Estes espazos poden estar no xardín da casa, na montaña ou no campo; pero sempre son espazos que reflicten unha personalidade especial.

A técnica de construción que máis empregamos é a de entramado lixeiro cunha cámara de illamento de 5 ou de 10 cm. Pode levar ou non fachada ventilada. A construción sempre vai un pouco elevada sobre o chan. Non necesita cementación de formigón, pódese resolver con zapatas de travesas de madeira tratadas en autoclave instaladas sobre unha pequena gabia de grava.

Unha cabana pode ter desde un mínimo de 12 m² ata un máximo de 40 m², dependendo do seu destino. Fixemos cabanas destinadas a estudo de gravación, salón de pintura, recinto para o xogo dos nenos, biblioteca, refuxio para o uso vacacional e mesmo para vivir todo o ano.

Cabañas de madera
Cabañas de madera
Cabañas de madera
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera
Cabañas de madera
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada
Cabañas de madera laminada

Cabana en madeira laminada

Casa de xardín en madeira laminada

A arte de habitar

En Silex Casas de Madera (A Coruña) a casa é un lugar particular que debe adaptarse á contorna onde se constrúe, debe dar resposta aos requisitos que se expoñen na vida cotiá e adaptarse ao modo de vida dos seus habitantes. Podemos construír un lugar para estar todo o ano, uns meses ao ano ou simplemente algúns días ao mes. Non pretendemos imitar as típicas construcións rústicas en pedra tan comúns noutro tempo. Tampouco queremos importar modelos foráneos de catálogo de casas de madeira propias de estilos doutros países. Queremos construír lugares para vivir, afastados da fantasía do lugar idílico que nos devolve á inocencia perdida.

Se antes a pedra era o material que máis a man tiñan os nosos antepasados para construír, na actualidade optamos pola madeira, non só pola súa tripla propiedade como material estrutural, illante e decorativo, todo nun, senón tamén por ser un material ecolóxico completamente renovable.

La casa que uno necesita

A casa que un precisa

  • Unha casa para vivir confortablemente sen ter que hipotecarse para sempre, sen problemas de humidade, construída con materiais ecolóxicos.
  • Unha pequena construción en madeira como refuxio para fins de semana, unha casa de descanso, retiro, calma ou reflexión para tempadas moi curtas… ou moi longas.
  • Unha cabana de troncos para o baño e a sauna, o Baño Ruso ou Banya, con estufa de leña, sen electricidade máis que para a iluminación: saúde, madeira e auga.
  • Un mínimo aloxamento de madeira nun recuncho do xardín onde poder traballar comodamente.
  • Un pequeno hábitat deseñado en pouco terreo coa mellor posición panorámica do bosque próximo ou do horizonte mariño, orientado ao amencer ou á posta do sol…
  • Unha pequena construción de madeira que albergue un estudo ou un ximnasio, unha oficina ou unha biblioteca.
  • Unha estrutura en madeira que se poida instalar en calquera lugar e que sexa apta para distintos usos.
  • Unha vivenda completa en madeira para unha moza parella nunha parte pequena do xardín.
  • A extensión dunha vivenda para unha familia en crecemento.

Casas de madeira

Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira
Casas de madeira

Casas de madeira: dous modelos, dous estilos

Loft de dous alturas

Loft de dous alturas

Características: Loft de superficie de 40,5 m² en planta baixa e 12 m² en planta alta, total 52,5 m².

Distribución: salón, cociña e baño en planta baixa, dormitorio en planta alta. Porche exterior.

Descrición: construción en entramado lixeiro cunha cámara central de illamento de 10 cm e outra cámara exterior de 3 cm en fachada ventilada. Espesor total de paredes: 18 cm

  • Tarima de madeira maciza de eucalipto en planta baixa e planta alta.
  • Xanelas de madeira maciza: cinco en planta baixa, dúas en planta alta.
  • Portas de madeira maciza: unha exterior, outra interior no baño.
  • Armario de cociña en madeira maciza de carballo, oito portas de armario, ocos de frigorífico, vitrocerámica e vertedoiro.
  • Un armario encaixado en planta baixa e outro en planta alta.
Vivenda rústica

Vivenda rústica

Situación: Suevos-Arteixo

Características: superficie de 60 m² en planta baixa e 30 m² en planta baixo cuberta.

Distribución: salón, cociña, baño, 1º dormitorio e escaleira en planta baixa, 2º dormitorio en planta alta. Porche exterior.

Descrición: casa de troncos de pino vermello de 18 cm.

  • Tarima maciza de piñeiro en chan de planta baixa e planta alta.
  • Xanelas en madeira maciza: once.
  • Portas en madeira maciza: dous.
  • Armario de cociña con mesado para vertedoiro, placa vitrocerámica e neveira, 9 portas de armario e tres caixóns.
  • Dous armarios.

Algúns dos nosos traballos

Fai realidade o teu soño ou gaña confort no teu día a día

Ponte en contacto con nós se queres saber máis sobre as nosas construcións en madeira.

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Sen embargo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflexan necesariamente os da Unión Europea ou Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.