Casas de madeira, a mellor alternativa
En Silex Casas de Madera a casa é un lugar particular que debe adaptarse á contorna no que se constrúe, debe dar resposta aos requisitos que se expoñen na vida cotiá e adaptarse ao modo de vida dos seus habitantes. Por iso, non construímos por catálogo, senón sempre seguindo a idea e as necesidades do cliente ou dacordo co proxecto redactado.
Podemos construír un lugar para estar todo o ano, uns meses ou simplemente algúns días. Unha casa económica para vivir confortablemente sen ter que hipotecarse para sempre, sen problemas de humidade e construída con materiais ecolóxicos.
Se antes a pedra era o material de construción que máis a man tiñan os nosos antepasados, na actualidade optamos pola madeira dos nosos bosques. A súa tripla propiedade como material estrutural, illante e decorativo, todo nun, fai da madeira unha das mellores opcións para construír.
Ademais, sendo a madeira un material ecolóxico completamente renovable, o seu uso na construción permítenos un grande aforro na factura enerxética dunha casa debido ao seu notable illamento térmico.